CRTVG

Buscar

Menú de Nadal para pasar o día en familia pero comendo fóra da casa

Publicado o 25/12/2019 14:32

E nas cociñas do hotel dende as nove da mañá sen parar. 5 persoas para elaborar un menú especial de Nadal destinado a 80 comensais. Aperitivos como escabeche de xarda con verdura cítrica ou taco de polbo en tempura para abrir boca aos pratos principais.

Un menú inspirado en boa parte na gastronomía do Camiño de Santiago.

Para a xente da hostalería están son datas duras, de moito traballo, porque cada vez máis saímos a comer fóra tamén este día de Nadal. Así que na cociña do hotel místurase o prurito profesional de facer as cousas ben con certo agotamento físico.

Bos desexos do xefe de cociña que de seguro hoxe se verán cumpridos.

Noticias web

25/12/2019