Mensaxes de ánimo para pacientes e profesionais nas pantallas do CHUO
O COVID 19 é unha enfermidade altamente contaxiosa que obriga os pacientes diagnosticados a permacer illados. Non poden recibir visitas e eso supón por veces un dobre sufrimento para os enfermos.
"O que un quere cando está enfermo é estar coa familia e contar co apoio da familia. O que tratamos desde a nosa área sanitaria é dar un pouco máis de apoio e de axudar a dar ánimo, e a decir que entre todos poderemos saír desta situación."
Pero en Ourense quixeron dar un paso máis nesta atención e encher as habitacións dos hospitais de verbas de ánimo. As mesmas que lles chegan a cotío por diferentes vías.
"O que tratamos é de colaborar con todo o persoal para que o paciente se sinta acompañado mandándolle cartas de apoio e de ánimo. Vostedes poden facelas chegar a dirección de correo electrónico voluntariado.ourense@sergas.es e nós ímosllo transmitir as pantallas das televisións."
Trátase dunha pequena ventana virtual cara o exterior onde tanta xente quere asomar estes días para transmitirlle o seu ánimo a pacientes e profesionais.