CRTVG

Buscar

Mensaxe de respecto pola diversidade no novo mural de Lula Goce en Nigrán

Publicado o 22/07/2020 21:34

Para o muro do cemiterio de Panxón e fronte a unha escola infantil, Lula Goce pensou que o máis acaído era representar unha mensaxe de respecto pola diversidade e unha esperanza de comuñón coa natureza.

No gran mural, que xa está esbozado, albíscase a cariña dun neno da selva amazónica.

No Bronx, no Parlamento Europeo, onde a esperan en setembro, ou en Panxón, a carón da súa casa, cada traballo é un reto para a artista baionesa.
As fachadas de Lula Goce están por todo o mundo. Por uns días, podemos gozar de vela pintar neste recanto de Nigrán.

Noticias web

22/07/2020