CRTVG

Buscar

Menos capturas e peixe máis caro nos mercados

Publicado o 17/07/2020 14:58

O linguado a 32 euros, a robaliza a 28 e o sargo a 14. A situación na costa, con ventos fortes do nordés desde hai días, está facendo que baixen as capturas e que suban os prezos.

"Anda todo moi caro. Hai pouco peixe, levamos 15 días de norte e pescan pouco". "Canto menos hai, máis caro vai o peixe, como a xouba de Rianxo que hai pouca, ou o polbo, que o temos hoxe por primeiro día", din nos postos do mercado de abastos de Santiago

O polbo andadaba hoxe a 14 euros, o mesmo prezo que os rapantes ou a xouba de Rianxo.

No mercado de abastos de Santiago din que as vendas non recuperaron aínda o seu ritmo habitual previo ao confinamento, aínda así comeza a notarse aos poucos a chegada de turistas.

"Pouquiño movemento de turistas pero empezan a vir". "Vou comprar percebes, nécoras, unhas poucas cigalas, algo de atún, un pouco variado", di unha turista.

Especies como a robaliza, o sargo ou o linguado subiron o seu prezo arredor duns cinco euros nas últimas semanas.

Noticias web

17/07/2020