CRTVG

Buscar

Membros de protección civil de Santiago felicitan os nenos da cidade que están de aniversario

Publicado o 30/03/2020 21:53

Entre as accións que se desenvolven para darnos ánimos uns a outros, hoxe vimos en Santiago algo que tamén se fixo nalgunha outra cidade española.

Membros de protección civil percorreron as rúas de Compostela para lles felicitar o aniversario aos nenos que facían anos hoxe.

Levan moitos días confinados e, se cadra, son que máis bota de menos a actividade ao aire libre.

A iniciativa do servizo de protección civil compostelán foi moi sinxela pero moi ben recibida polos homenaxeados e as súas familias.












 

 

 

 

 

Noticias web

30/03/2020