CRTVG

Buscar

Melloran as vendas de peixe tras un cambio de hábitos nos consumidores

Publicado o 06/05/2020 15:58

Foi nas primeiras semanas de confinamento cando as peixerías viviron os seus momentos máis complicados. Din que foi, sobre todo, a partir do mes de abril cando notaron un cambio nos hábitos dos consumidores e comezaron a mellorar as vendas.

Os produtos máis demandados polos clientes tampouco experimentaron moitos cambios.

O peixe segue a ser para moitos un produto indispensable na súa dieta.

O peixe proporciona entre outros beneficios saudables, a vitamina D, esa que tanto botamos en falta por mor do confinamento. Un motivo máis, din, para gardarlle sempre un oco na cesta da compra.

Noticias web

06/05/2020