CRTVG

Buscar

Melide rexistra 39 positivos tras rematar o cribado masivo a mozos

Publicado o 21/08/2020 15:08

No centro de saúde de Melide rematou o estudo masivo realizado na poboación de entre 18 e 30 anos. Acudiron á cita 747 mozos, é dicir, o 91 por cento dos que estaban convocados polo Sergas para ser sometidos a unha PCR. Deles, só 16 deron positivo en coronavirus.

Súmanse así aos 20 casos positivos do gromo relacionado cun grupo de amigos, e aos 3 contaxios do foco familiar rexistrado hai uns días. Deste xeito, actualmente Melide conta cun total de 39 positivos.

Sanidade dá xa por controlado outro gromo rexistrado en Arzúa. Trátase do foco causado por unha peregrina que, tras presentar síntomas de covid-19, e á espera do resultado dunha PCR, non respectou o illamento obrigado.

Infectáronse 8 persoas. Segundo as autoridades sanitarias, todas elas están fóra de Arzúa, pasando a corentena nas súas respectivas comunidades.

Tamén permanece estabilizado o gromo familiar rexistrado no municipio de Lalín, que conta con 6 casos activos.

 

 

Noticias web

21/08/2020