Medra o aforro das familias durante a pandemia
Publicado o 28/07/2020 21:26

O aforro dos fogares españois medrou en case corenta mil millóns durante a pandemia. As familias teñen agora 891.600 millóns de euros en depósitos bancarios. Son 39.700 millóns máis que cando empezou a crise do coronavirus.
Precisamente o temor á recesión económica e as restricións masivas á vida social explican este nivel de aforro dos fogares. Son datos do Banco de España.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49