CRTVG

Buscar

Medra a clientela nos restaurantes de estrada

Publicado o 11/06/2020 20:19

Son principalmente traballadores os que enchen estes días os resturantes e as cafeterías ao pé das estradas.

Á hora do almorzo e do xantar é cando hai máis afluencia nos establecementos hostaleiros das estacións de servizo, os transportistas os que máis demandan o menú do día.

Medrou moito a clientela nestes restaurantes de estrada dende o comezo da terceira fase, este luns, que se permitiu a mobilidade entre provincias.

Prevén recuperar a súa actividade ao cen por cento para o mes de xullo.

Noticias web

11/06/2020