CRTVG

Buscar

Medio millón de galegos vacináronse xa contra a gripe

Publicado o 21/11/2019 20:43

Máis de medio millón de galegos vacináronse no que vai de campaña contra o virus da gripe. Son 26.000 máis ca o ano pasado nestas datas.

A cifra desvelouna o presidente da Xunta na inauguración dun obradoiro sobre Infectoloxía en Santiago. Alí dixo tamén que os populistas do movemento antivacinas están fracasando en Galicia, porque practicamente todos os pais vacinan os fillos ao nacer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019