CRTVG

Buscar

Medio cento de sancións no primeiro día de alivio das restricións

Publicado o 28/02/2021 15:20

Hai unha cantidade moi considerable de locais de hostalería que non abriron coas condicións fixadas. Advirten de que os que incumpren están xogando non só co peche dos seus propios locais, senón co de todos os que se dedican a esta actividade. Só na primeiro día, a policía tramitou medio cento de denuncias. Para evitar que se siga por este camiño, os controis serán permanentes. De feito, o plan de hostalería segura prevé que as policías locais controlen as medidas da covid dúas veces á semana. Na Coruña, por exemplo, xa se tramitaron esta fin de semana máis dun cento de sancións desde a apertura da hostalería. En Santiago houbo unha ducia de sancións. E en Pontevedra tamén foron apercibidos varios clientes e un local hostaleiro do casco histórico. 

 

 

Noticias web

28/02/2021

Máis sobre actualidade