CRTVG

Buscar

Meaño adiántase a Vigo no acendido da iluminación do Nadal

Publicado o 16/11/2020 13:57

O corazón do Salnés é o sobrenome que se emprega desde hai tempo para denominar o concello de Meaño, pola súa localización territorial na bisbarra. Esa é precisamente a idea plasmada na instalación creada este ano para iluminar o Nadal na vila. Un corazón xigante de luces sobre unha estrela de 7 puntas, que representan cada unha das parroquias do concello.

Adiantando a Vigo

O Goberno municipal decidiu adiantar o seu acendido, tomándolle a dianteira mesmo á cidade de Vigo, para poñer un pouco de cor e ilusión nestes tempos difíciles que vivimos. Algo que moitos veciños agradecen.

Valoran tamén positivamente a sua localización na nova praza de Dena, porque pode verse desde distintos puntos e evítanse aglomeracións.

Non todo o mundo está a favor

Pero tamén atopamos opinións encontradas respecto da decisión de adiantar a iluminación do Nadal, ou do gasto que supón. Entre veciños e visitantes hai quen considera que hai outras prioridades neste momento.

O corazón do Salnés xa refulxe cada noite en Dena e o resto da iluminación natalicia acenderase a finais deste mes.

Noticias web

16/11/2020