May pediralle a Bruxelas modificar a clásula irlandesa do 'brexit'
Publicado o 29/01/2019 19:26
A primeira ministra británica, Teresa May, vaille pedir a Union Europea revisar o acordo do 'brexit' para modificar a cláusula irlandesa e conseguir, así, apoios no Parlamento. Anunciouno na propia Cámara dos Comúns, que debate os cambios ao plan B que propuxo Teresa May. Moitos consideran ese plan B unha versión case calcada do acordo que xa rexeitou a Cámara hai duas semanas, principalmente polo descontento sobre a fronteira irlandesa.
Entre os cambios que se debaten e que se votan esta noite figuran desde un aprazamento da data de saída ata a celebración dun segundo referendo.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 09:00