CRTVG

Buscar

Máxima alerta de seguridade pola final da Champions

Publicado o 28/05/2019 17:12

Un total de 4.700 efectivos de seguridade integrarán o dispositivo da final de Champions, que o sábado disputarán o Liverpool e o Tottenham no Wanda Metropolitano de Madrid. 

O nivel de alerta non se limitará á capital de España, senón que se estende a todo o territorio nacional. O encontro é cualificado de alto risco.

Espérase a asistencia de case 68.000 afeccionados. Os do Liverpool, case 17.000, serán situados no fondo sur do estadio, separados dos seguidores do Tottenham, que verán o partido dende o fondo norte.

Tamén as zonas de ocio estarán separadas.

Noticias web

28/05/2019