CRTVG

Buscar

'Massó: da salgadura á lata', exposición no museo Anfaco con motivo do Día da Conserva

Publicado o 28/06/2019 16:02

Con motivo do Día da Conserva, o museo Anfaco en Vigo inaugurou a mostra 'Massó: da salgadura á lata'.

A exposición é unha viaxe pola historia desta empresa que, nas súas fábricas de Bueu e Cangas, creou unha industria de alto nivel no sector conserveiro.

Esta mostra achéganos a momentos claves no desenvolvemento de Massó, explica a súa evolución tecnolóxica, e mesmo nos achega aos deseños e bosquexos das súas campañas publicitarias.

Noticias web

28/06/2019