CRTVG

Buscar

Martínez Patiño foi a primeira adestradora de Peleteiro cando tiña só cinco anos

Publicado o 04/03/2019 22:02

Nas primeiras declaracións tras gañar a medalla de ouro, Ana Peleteiro acordouse da súa primeira adestradora, a ex-atleta internacional María José Martínez Patiño. Hoxe lembramos con ela a nena de cinco anos que un día se lle presentou nas pistas de atletismo de Ribeira.

María José Martínez Patiño é unha das mellores velocistas da historia do atletismo español. Dirixía as escolas deportivas do concello de Ribeira en 2001 cando apareceu Ana.

María José Martínez Patiño, primeira adestradora de Ana Peleteiro: "Eu lémbroa sempre coa mesma roupa. Chegaba da man do pai e, cado aínda non chegara á pista, atravesaba todo o campo de fútbol para vir adestrarse. "Que temos hoxe?, que temos hoxe?".

Tras Martínez Patiño chegou a Ribeira Carlos Adán. Ana mesmo chegou a ser subcampioa de Galicia de cros en categoría infantil.

María José Martínez Patiño, Primeira adestradora de Ana Peleteiro: "É o medo que eu tiña, que a ela lle gustase tamén a carreira longa e ese nocello tan prodixioso co cros puidese estragalo, pero, afortunadamente, ten unha capacidade elástica extraordinaria".

Martíñez Patiño, asesora do Comité Olímpico Internacional e do Tribunal Internacional de Arbitraxe, avisa: en Galicia hai moitas atletas coma Ana. Só esperan que alguén as vaia buscar.








 

Noticias web

04/03/2019