CRTVG

Buscar

Martínez-Almeida: "Grazas a todos os galegos pola xenerosidade que tiveron con Madrid"

Publicado o 06/04/2020 10:51

Madrid é a cidade máis golpeada pola COVID-19. Viven dificultades nos hospitais aínda que hoxe o primeiro día con camas libres.

José Luis Martínez-Almeida é o alcalde de Madrid: "Estamos nunha cidade conmocionada. Fomos o epicentro. Este luns estamos vivindo un certo descenso desa curva e do número de ingresados. Pero iso non quere dicir que non sigamos traballando duro, aínda que sexa pola memoria desas 12.418 persoas que faleceron a consecuencia do coronavirus e todos aqueles que están loitando nos hospitais nestes momentos".

"Sen dúbida, vai ser un punto de inflexión. Estamos quizais ante a maior traxedia colectiva que tivemos en España durante xeracións. Estou seguro de que nos vai cambiar como sociedade, que vai cambiar os noso hábitos de vida".

"Tamén pode ser un punto de inflexión para ben. Se estamos de acordo no esencial, se nos momentos máis duros fomos capaces de saír adiante, quizais deberiamos difuminar esas políticas de bloques, de esquerdas e de dereitas".

"Quero agradecer a Feijóo e a todos os galegos a enorme xenerosidade demostrada nos momentos máis duros. Grazas polo envío de respiradores. Agradecémosllo profundamente a todo o pobo galego. Coincido con el con que neste momento non hai máis política que salvar vidas".

Noticias web

06/04/2020