Martín Bouzas estréase como profesional en Francia
Publicado o 29/01/2020 13:15
Debuta o domingo co Kern Pharma
Martín Bouzas estaba no momento ideal para dar un salto de calidade e así o fixo. Da canteira do Lizarte estréase como profesional co Kern Pharma, o novo equipo UCI Continental español.
Unha nova etapa que arranca este domingo en Francia, no Gran Premio Ciclista A Marsellesa.
Por iso é cauto á hora de marcarse obxectivos. Dotado físicamente para a crono, gañou tres veces o campionato de España, o seu reto é seguir mellorando.
Martín Bouzas, un home de equipo, cun gran potencial que este ano quere dar un paso adiante.