CRTVG

Buscar

Maroto sitúa a aprobación do estatuto das electrointensivas "antes do verán"

Publicado o 10/06/2020 19:55

• Critica que Alcoa só ofrece hibernar a fábrica sen presentar en tres anos un plan para San Cibrao

A ministra de Industria non dá unha data fixa para aprobar ese estatuto das electrointensivas, que o Goberno anunciou hai máis dun ano. Reyes Maroto compareceu esta tarde no Senado. Limitouse a dicir que estaría listo antes de que acabe o verán.

O Goberno aprobará nas próximas dúas semanas o fondo español de reservas para garantías de entidades electrointensivas de apoio a contratos bilaterais de enerxía a longo prazo, co obxectivo de reducir os custos enerxéticos para a produción industrial nacional.

A ministra sinalou que xa se está ultimando a elaboración do estatuto, asegurando que será unha ferramenta "clave" para asegurar un marco de certeza e estabilidade no mercado enerxético e que beneficiará máis de 600 empresas.

Segundo consta no anteproxecto de lei polo que se crea esta figura, que será xestionada pola Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (Cesce), cubrirá un total de 600 millóns de euros para os seus tres primeiros anos.

En concreto, o fondo estará dotado en conxunto con 200 millóns de euros para cubrir como máximo 600 millóns de investimento en tres anos. No que se refire aos anos seguintes, os orzamentos xerais do Estado determinarán cada ano, a partir do cuarto, cantidades máximas a cubrir, e, no seu caso, as ampliacións do fondo.

Para reforzar o marco de certeza enerxético, o Executivo tamén aprobará "nas próximas dúas semanas" a creación do fondo de reserva para a gran industria electrointensiva que permitirá comprar enerxía 'verde' e regular os riscos nas operacións de compra de enerxía a longo prazo

A ministra de Industria dixo que Alcoa, na reunión de onte, non soubo responder por que nos últimos tres anos non presentou ningún plan para a súa planta de San Cibrao e dixo que a multinacional o único que ofrece é hibernar a fábricaMaroto criticou que Alcoa non presentase nos últimos tres anos un plan industrial para as súas fábricas.

 

 

Noticias web

10/06/2020