CRTVG

Buscar

Mario Lado: "Teletraballo e clases virtuais, de momento, son solucións especiais a unha situación especial"

Publicado o 27/04/2020 11:01

Mario Lado, profesor de Psicoloxía Social, fala das luces e sombras do teletraballo e tamén das clases virtuais.

"Máis que teletraballo, é unha adaptación do traballo presencial utilizando algunhas ferramentas tecnolóxicas e adaptando como boamente se pode".

Canto ás clases virtuais, o profesor Lado di que "non é o mesmo unha clase presencial, en que hai unha interación entre o alumnos e o profesor, onde se solucionan as dúbidas ao momento e flúe a información ao momento, mesmo de xeito informal, que nas clases virtuais. As clases virtuais hai que facelas dunha maneira máis formal, máis estruturada. Canto se utilizan aplicacións de videoconferencia hai que limitar as conversas. É unha solución a unha situación especial, pero ten moitas limitacións e dificulta as comunicacións entre profesores e alumnos".

Hai moitas trabas, explica o profesor Lado: "A teconoloxía non é accesible a todas as persoas que participan, a outros a situación colleunos desprevidos e non teñen aparellos para facer videoconferencias, e outros, pola situación xeográfica, non teñen unha alta calidade de liña para conectarse".

"O teletraballo está entre 5 e o 7 % dos postos de traballo. Posiblemente, no futuro siga ampliando a súa capacidade. De momento, as ferramentas tecnolóxicas van quedar como complemento ao traballo presencial", explica o profesor de Psicoloxía Social.

"O teletraballo é unha solución especial a unha situación especial. É unha solución de emerxencia, unha alterntiva a unha situación especial".

"O teletraballo hai que concilialo coa vida familiar e pode dar a sensación que a xornada non ten principio nin fin".

Noticias web

27/04/2020