CRTVG

Buscar

María Pereira, profesora de Ciencia Política da USC: "A campaña céntrase nos liderados políticos e non na política con maiúsculas"

Publicado o 07/11/2019 11:20

Apenas quedan dous días de campaña electoral. Unha campaña que, unha vez máis, se centra nos candidatos. A profesora María Pereira chamaba recentemente a esta situación de "liderados alpha". 

"Efectivamente, todos son homes, a personalización da política e de liderados. Non se fala de temas que lle importan á cidadanía. A campaña céntrase nos políticos e non na política con maiúsculas".

"As campañas teñen un efecto limitado. Un 70% da poboación ten decidido o voto antes da campaña. Como tamén é limitado o efecto das enquisas e dos debates".

"É unha campaña rápida, pero ao tempo estamos en campaña permanente, un desgaste permanente para os líderes".

"A confrontación provoca erros".

"Cataluña vertebra esta campaña, xunto co presunto crecemento de Vox".

"O relato, a construción da mensaxe dos líderes, deixa a un lado a política. Isto provoca fastío na cidadanía e previsibilidade dos líderes. Xa coñecemoss todo sobre os líderes".

"Decidimos a través dos medios de comunicación a visión que teremos do relato político. Esta campaña quedou no simbólico".

"As ideas anticonstitucionais de Abascal só produciron pasividade dos demais candidatos. Produciuse a institulización da extrema dereita, sen rexeitamento ás súas ideas".

"O impacto das redes sociais teñen un efecto limitado. Hai moita retroalimentación dos partidos políticos e magnificación".

"A incorporación do voto da mocidade, que demanda novos contidos, preocupa os partidos tradicionais".

"Aínda que é posible unha baixada da participación, a competitividade do sistema fará que non sexa tan acusada".

"Un feito extraordinario pode ter efecto sobre o electorado volátil".

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019