CRTVG

Buscar

María Jesús Dans, docente xorda: "As máscaras impídenme ler os beizos"

Publicado o 25/09/2020 12:24

María Jesús Dans é profesora dende hai trinta anos e, malia ser xorda, nunca tivo problema para exercer o seu traballo. Porén, coa chegada da pandemia e o uso obrigado da máscara, as persoas con discapacidade auditiva que, como María Jesús, len os beizos, perden a súa única canle de comunicación.

No Bos días falamos con ela para coñecer a situación e as necesidades deste colectivo, que celebra nestes días a Semana Internacional das Persoas Xordas.

Noticias web

25/09/2020