CRTVG

Buscar

Margarita Robles apela en Ferrol a formar goberno "pronto" para facer novos investimentos

Publicado o 28/11/2019 15:16

A ministra de Defensa en funcións evita concretar a posibilidade dun novo contrato para Navantia que permita asegurar o emprego no estaleiro nos próximos dous anos. Margarita Robles di que primeiro ten que haber goberno e presupostos. 

Margarita Robles, ministra de Defensa en funcións: "O importante é que haxa goberno canto antes, que haxa presupostos canto antes, e logo poderemos abordar outras circunstancias".

A Méndez Núñez regresa a Ferrol

Margarita Robles facía estas declaracións en Ferrol, onde recibiu esta mañá a Fragata Méndez Núñez que regresa á súa base no Arsenal Militar despois de sete meses arredor do mundo. A F-104 iniciara a súa misión en abril como parte dun grupo de combate dos EUA, pero o Goberno decidira retirala ante a decisión do Goberno de Trump de desviarse cara ao Golfo Pérsico en plena escalada de tensión con Iraq. Margarita Robles confía en que esta decisión non afecte o contrato para construír 20 fragatas nos Estados Unidos ao que aspira Navantia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019