CRTVG

Buscar

Marchas e concentracións nos EUA na festa que conmemora a fin da escravitude

Publicado o 20/06/2020 11:15

En distintos puntos da xeografía dos Estados Unidos de América celebraron este vernes a "Juneteenth", a festa que conmemora a fin da escravitude naquel país. E fixérono con actos, protestas e concentracións, utilizando un ton de celebración pero ao mesmo tempo reivindicativo.

Tradicionalmente este día é recordado pola comunidade afroamericana, pero as protestas raciais do último mes fixeron que recibise atención a escala nacional, en cidades como Oakland, Chicago, Mineápolis, Miami, Nova York ou Washington D. C.

Noticias web

20/06/2020