CRTVG

Buscar

Maradona, deus eterno do fútbol, con moitas luces e algunha sombra

Publicado o 26/11/2020 11:34

Quizais nunca aquel pequerrecho imaxinou que un día sería deus, un deus eterno do fútbol co número dez na camisola.

Quizais se trabucou na súa outra vida de drogas e de esmorgas, pero non hai nada no planeta fútbol que mova todo o amor e a paixón que brilla socialmente arredor do Pelusa.

Maradona foi o demiúrgo que ao seu carón sentou no trono a Nápoles e A Arxentina.

Dende ese momento o heroe campión do mundo foi esmerecendo.

Quería morrer na Arxentina, e hai unhas semanas deixouse ver o día en que facía os sesenta anos. Unha imaxe de deterioración e enfermidade metáfora da súa vida, o fenómeno futbolístico máis escintilante da historia.

Noticias web

26/11/2020