CRTVG

Buscar

Mar de Illas, un proxecto para conectar o sector do mar co turismo

Publicado o 24/09/2020 21:41

O proxecto Mar das Illas leva tres anos explorando as potencialidades que os distintos oficios mariñeiros tiñan dende un punto de vista turístico. As confrarías e profesionais das rías de Arousa, Vigo e Pontevedra desenvolven proxectos específicos con mariscadoras e embarcacións. Nestas xornadas pretenden agora poñer en común as experiencias e mellorar a oferta.

150 profesionais, entre os que hai mariscadoras, patróns de barcos ou navalleiros, conseguiron obter a titulación como guía turístico acreditado no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Houbo tamén, na terceira fase do proxecto, titorías para propostas que pretenden estender as visitas con turistas a máis ámbitos mariñeiros e pesqueiros.

Nas xornadas falouse tamén das dificultades de cumprir coa lexislación para levar persoas alleas ao oficio nos barcos, e tamén como actuar agora cos crise sanitaria. A xornada rematará cunha visita ás illas Atlánticas.

Noticias web

24/09/2020