CRTVG

Buscar

A estación de Cabeza de Manzaneda inicia a temporada de esquí

Publicado o 24/01/2020 10:20

E unha boa nova para os afeccionados ao esquí. Desde esta mañá está aberta a estación de Manzaneda, con dúas pistas habilitadas. Comeza a temporada de esquí, pero faino grazas á neve artificial, porque segue sen haber precipitacións. Os primeiros usuarios chegaban esta mañá á estación.

O pequeno Xaime foi dos primeiriños en chegar hoxe a Manzaneda. Con moito coidado porque, igual que as súas irmás, é a primeira vez que pon un pé sobre a neve: "É dura. Esperábaa máis branda".

"Vimos pasar a fin de semana. A ver se podemos esquiar un pouco e, senón, xogar cos nenos na neve", comenta unha esquiadora.

A innivación artificial é a responsable desta paisaxe. A última nevarada foi a fin de semana pasada, e moi escasa, pero as baixas temperaturas, negativas, permiten o funcionamento dos canóns. A temporada comeza en Manzaneda o 24 de xaneiro, pero os responsables da estación confían en que aínda se poida salvar.

Gustavo Sanmartín, director da estación de Manzaneda: "Houbo outros anos coma este, que veu a neve máis tarde, pero veu moita neve e aguantou. O feito de ter o sistema de innivación permítenos abrir hoxe, pero temos que confiar en que veña a neve natural e poder abrir todo o dominio esquiable".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020