CRTVG

Buscar

Manuel Vilariño inaugura `Rizoma´ na igrexa da Universidade de Santiago

Publicado o 19/02/2020 21:33

Vilariño é un dos artistas contemporáneos galegos cunha traxectoria internacional máis sólida.
Dende hoxe e ata o 2 de abril a Igrexa da Universidade de Santiago abre as portas a `Rizoma´. A mostra fotográfica permite contemplar obras correspondentes a diferentes períodos do artista, pero tamén as técnicas elixidas para a reproducción de cada unha das súas imaxes.

En total son unha vintena de fotografías en cor e en branco e negro que se complementan cun vídeo protagonizado polo propio Manuel Vilariño. A montaxe inclúe tamén publicacións co seu traballo poético.



 

Noticias web

19/02/2020