CRTVG

Buscar

Manuel González: "Nunca vira tanto despropósito coma nestas últimas accións de Cataluña"

Publicado o 21/10/2019 11:37

Ás 12 deste mediodía hai convocadas concentracións diante de todas as comisarías españolas en defensa dos dereitos dos membros das forzas de seguridade despregados en Cataluña. Falamos con Manuel González, secretario xeral da Unión Federal de Policías do sindicato, para saber como están a vivir a situación os axentes.

"Os axentes están cansos, pero non do traballo, senón por ir a unha guerrilla urbana sen medios nin provisións. Está claro que os responsables deben dar conta desta historia. As normas din que o vehículo debe ter provisións pero nesta ocasión as previsións foron nefastas. Se houbese provisións non acabarían o material nin lanzarían material caducado", explica Manuel González.

Sobre o día a día dos 200 axentes en Cataluña, o secretario xeral di que "estan dispoñibles as 24 horas do día. Pero non se pode ter unha persoa traballando arredor de 20 horas diarias. É un abandono total. Gustaríame ver os responsables á fronte destas manifestacións".

Manuel González estivo 15 anos en Bilbao nunha época bastante dura e tensa. O axente compáranos a forma en que se traballaba nunha situación destas características naquela época e hoxe: "Hai moita diferencia, xamais vira tanto despropósito coma nestas últimas accións de Cataluña. Non se actúa da mesma maneira, a situacion é terrible".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019