CRTVG

Buscar

Manu Barreiro considera acertado fichar polo Lugo

Publicado o 04/04/2020 14:34

Nun ano o dianteiro disputou corenta e catro partidos oficiais

Acaba de cumprirse un ano da chegada de Manu Barreiro ao Lugo. Un ano no que disputou 44 partidos oficiais e marcou sete goles, números que avalan a decisión tomada.

Manu Barreiro. C. D. Lugo. "Foi acertadísima e estamos moi contentos de estar aquí. É un club que sempre me chamou moitísimo a atención pola seu estilo polo seu xeito de xogar e ao ser un club galego tamén o seguía moitísimo máis, sempre lle tiven un cariño especial por velo e por disfrutar de como xogaban."

No Lugo, Manu Barreiro atopouse cun grupo de xogadores que lle chamaron a atención, tanto desde o punto de vista futbolístico, como persoal.

Manu Barreiro. C. D. Lugo. "Futbolisticamente diría Lazo, un xogador que marca as diferenzas, e a nivel persoal, diría os capitáns, tanto Iriome, como Fernando como Carlos son un exemplo incrible."

Neste tempo en Lugo, o santiagués tamén debeu facer fronte ás comparacións co dianteiro sueco Ibrahimovic.

Manu Barreiro. C. D. Lugo. "Si, dende hai uns anos compáranme con el, imaxino que pola altura, polo físico, algún remate que se poida parecer un pouco ao que fai el, un pouco, porque son cousas que os mortais non podemos facer, pero si me gusta porque é un crack mundial e un dos meus xogadores preferidos."

Manu Barreiro tamén é ídolo do Anxo Carro.

Noticias web

04/04/2020