CRTVG

Buscar

Mantense o consumo de froita e verdura e o sector non se ve afectado

Publicado o 01/04/2020 14:24

Froitas, verduras e hortalizas están entre os produtos máis consumidos durante a corentena. Por iso, fronte a un descenso xeneralizado, a demanda neste sector mantense e mesmo se viu incrementada. Tamén a de elaborados de consumo doado como purés de froitas, feitos a partir destes produtos naturais.

Nos establecementos de venda ao público, nos almacéns e na cadea de distribución tiveron que adaptarse ás esixencias da nova situación, e dende o sector froiteiro traballan para que o abastecemento estea asegurado.

E grazas a ese esforzo tamén dende este sector naceron moitas iniciativas solidarias. É a solidariedade deste sector na loita compartida contra o coronavirus.

Noticias web

01/04/2020