CRTVG

Buscar

Mantense unha lixeira repunta de contaxios e de falecidos diarios en España

Publicado o 13/05/2020 12:37

Os datos do Ministerio seguen a amosar una estabilización nas cifras xerais da pandemia provocada pola COVID-19 por debaixo dos 200 mortos ao día. Aínda así, nos últimos días vén manténdose un lixeiro aumento de falecidos diarios. Segundo os datos que hoxe publica o Ministerio de Sanidade, hoxe houbo, outra vez, unha lixeira repunta no número de mortos, 184 nas ultimas 24 horas. O martes Sanidade publicou 176, e o luns, 123. 

total de persoas que morreron en España vítimas do coronavirus desde o inicio da pandemia é de 27.104.

A porcentaxe de contaxios mantense no 0,19 %, a mesma porcentaxe ca a que se fixo pública onte e algo superior á publicada o luns, que foi do 0,17 % de media en España.

O número de novos contaxios nas últimas 24 horas é de 439. Onte, martes, fixéronse públicos 426 e o luns, 373.

O total de positivos por PCR de que dá conta o Ministerio de Sanidade é de 228.691. Deles, 48.860 son persoal sanitario.

O número total de persoas que xa están curadas é de 140.823, 2.843 rexistráronse onte.

As comunidades que onte rexistraron un maior número de contaxios foron, por esta orde, Cataluña, Madrid, Castela e León e o País Vasco.

Só Ceuta e Melilla non tiveron novos contaxios.