CRTVG

Buscar

Os profesores reclaman na rúa e cunha folga os horarios anteriores á crise

Publicado o 12/12/2019 15:18

Son profesores do ensino público galego non universitario que reclaman recuperar os dereitos que, din, perderon coa crise. Un deles, o do horario.

"Nós non queremos traballar menos, queremos facelo en mellores condicións. Precisamos reducir o horario lectivo", dixo Suso Bermello, da CIG.

"As horas de traballo efectivo van ser as mesmas. Simplemente queremos ter tempo para programar, para corrrixir...", engade Luz López, de CCOO.

Reclaman o horario que tiñan antes da crise. Isto suporía baixar de 25 a 21 as horas lectivas semanais en primaria e de 18 a 20 en secundaria. A Xunta di que non é momento para esa negociación. O director xeral de Centros e Recursos Humanos da consellería de Educación explica que "no momento actual de incerteza tanto política como económica non está asegurado que haxa fondos para que esa negociación se poida levar a cabo. Desde logo, a consellería si o faría sempre e cando houbese un compromiso por parte do Goberno".

O seguimento foi desigual, segundo os centros. Os sindicatos falan de éxito dun paro que sitúan nun sesenta por cento. A Xunta rebaixa a cifra ao 14,4%.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí