CRTVG

Buscar

Manifestantes de Jusapol rompen o cordón policial fronte ao Congreso

Publicado o 03/03/2020 16:23

Nos exteriores do Congreso vivíronse momentos de tensión entre manifestantes dos sindicatos policiais e os antidisturbios que protexían a cámara baixa.

Milleiros de axentes concentráronse para protestar contra o rexeitamento do Goberno para debater a iniciativa lexislativa popular pola equiparación salarial das forzas de seguridade. Algúns manifestantes de Jusapol, que integra policías nacionais e gardas civís romperon o cordón policial que rodeaba o Congreso.

Os sindicatos anuncian novas mobilizacións para denunciar o que consideran un "desprezo" do Executivo.

Noticias web

03/03/2020