CRTVG

Buscar

Empeza o despregamento militar no monte contra os incendios

Publicado o 14/08/2020 14:15

Persoal das Forzas Armadas volve patrullar este ano por montes de Galicia na denominada operación Centinela. O despregamento para previr incendios forestais dura, en principio, mes e medio a partir de mañá, baixo o control do xeneral xefe da Brilat con base en Figueirido, Pontevedra.

No acto de presentación do dispositivo informouse de que estará efectivo ata o 30 de setembro, prorrogable, para contribuír na prevención de incendios forestais.

Desde hai trece anos os milatres patrullan cada verán polo territorio como consecuencia do convenio de colaboración contraincendios da Xunta e o Ministerio de Defensa.

Un militar explica que o seu traballo é basicamente de presenza 24 horas na zona para vixilancia e disuasión para previr e prealertar os servizos de urxencias sobre incendios e poder extinguilos o máis axiña posible.

O despregamento da operación Centinela Galego 2020 inclúe medios terrestres e aéreos, para a vixilancia do monte.

Noticias web

14/08/2020