CRTVG

Buscar

Xornada complicada nos aeroportos galegos 15 con desvíos e cancelacións

Publicado o 21/12/2019 15:39

Xornada moi complicada nos tres aeroportos galegos. O temporal de chuvia e vento provocou cancelacións, atrasos e desvíos de voos...

Un deles, o avión procedente de Malta non podía aterrar na Lavacolla... foi desviado cara ao Porto. Os viaxeiros que ían coller o avión que regresaba a Malta desde Santiago foron trasladados en autobús ata a cidade portuguesa.
 "Íanos saír a Malta ás dez e media e agora dixéronnos que o avión foi para o Porto porque non se podía aterrar aquí... e agora póñennos un bus ata o Porto. De seis avións aterraron cinco, só éste non aterrou"

Isto atrasou a moitos as súas vacacións, como a Teresa e unha amiga, que aínda así o tomaban con paciencia e bo humor.
"Temos catro días, agora un día menos, pero nós ímolo pasar bomba xa cho digo eu"

Outros voos, un que procedía de Madrid e outro de Tenerife con destino Alvedro non puideron aterrar na Coruña. Foron desviados a Compostela.
"O avión antes de aterrar pensamos que se ía para un lado pero ben. Tivémonos que desviar, iamos aterrar na Coruña, pero a compañía moi ben, agora póñennos un bus cara A Coruña"

"Foi un pouco complicado, tivo que facer varias aproximacións e moitas veces tivo que subir e baixar outra vez"
Tamén aterraba non sen dificultades o avión procedente das Palmas.
"Nas Palmas levamos unha semana con algo de tempo un pouco malo, pero ao chegar aquí dámonos conta de qué é realmente o mal tempo

O forte vento tamén provocou atrasos nas saídas, en Santiago algúns voos saíron entre media hora e corenta minutos máis tarde, que afectaron aos pasaxeiros que elixiron como destino as illas Canarias, escapando dos temporais e buscando un pouco de sol...
"Viñemos un pouco antes por se acaso polo mal tempo, choveu moito pero non había demasiado tráfico na estrada, e imos a Lanzarote escapando disto"
"Encher un pouco as pilas con un pouco de sol para pasar o inverno aquí que se prevé chuvioso"

En Vigo, un voo procedente de Tenerife desviouse ao Porto e houbo dúas cancelacións máis.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/12/2019