CRTVG

Buscar

Mallo, na estrea da cidade deportiva de Mos: "Estamos moi ilusionados. É un salto de calidade en todos os sentidos"

Publicado o 26/11/2020 22:17

Contra ás 4 desta tarde, o equipo dirixido por Eduardo Coudet saltou ao campo da nova cidade deportiva por primeira vez. Mentres os operarios continúan coas obras.

Foi unha tarde de vento e temperaturas frías que non borrou o sorriso dos xogadores por estrear o campo. O sábado terá lugar a inauguración oficial de Afouteza, con Luis Rubiales desprazándose a Mos para asisitir ao acto.

Noticias web

26/11/2020