CRTVG

Buscar

Malestar pola suspensión das competicións no deporte federado

Publicado o 20/01/2021 15:19

Malestar xeneralizado entre os diferentes clubs deportivos e disciplinas polas últimas restricións que afectan o deporte federado. A suspensión das competicións supón un golpe moral sobre todo para os rapaces, que levan meses adestrándose. Defenden que o deporte é seguro porque aplican protocolos estritos e non foi nunca un foco de contaxio.

Algúns pensan que a severidade das medidas pode vir provocada polos excesos duns poucos. Hai quen apunta tamén que as medidas poden ser contraproducentes.

As medidas que entran hoxe en vigor afectan en Galicia preto de 275.000 deportistas de diferentes disciplinas.

Noticias web

20/01/2021