CRTVG

Buscar

Malestar en Redondela pola decisión de Renfe de pechar o portelo de venda de billetes

Publicado o 31/12/2019 14:36

É un dos últimos billetes que se venden en portelo na estación de tren de Redondela. E é que a partir de mañá non será posible mercalos así, de xeito presencial. Haberá que fecelo nas máquinas expendedoras, a través de Internet ou nas oficinas de Correos. Unha decisión que xerou malestar entre os usuarios, e máis cando nesta estación se expenden en portelo uns 700 billetes ao mes.

Os veciños entenden a decisión de Renfe coma un paso máis ao recorte de frecuencias e, en xeral, á diminución dos servizos ferroviarios.

A medida afecta oito concellos galegos. O goberno de Redondela xa solicitou unha reunión urxente cos responsables de Renfe para tentar reverter esta decisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019