CRTVG

Buscar

O Málaga visita Riazor en apuros

Publicado o 19/10/2019 13:49

Camiñando tamén sobre o abismo, tan só un chanzo máis arriba, vai o Málaga no penúltimo posto. Conta apenas unha vitoria, e tan só sete goles a favor, o peor balance ofensivo da categoría. Unha realidade dramática, que o ex-deportivista Víctor Sánchez prefire ver con bos ollos.

A volta de Dani Pacheco tras un mes de lesión é a principal novidade de Víctor, que deixou fora a Keko e Rolón por decisión técnica. Na situación de crise actual, o adestrador confía no apoio dunha afección, enfrontada ao xeque Al-Thani.

Polo de agora o técnico madrileño conta co respaldo dos donos qatarís. Unha confianza que mañá será posta a proba ante o seu ex-equipo.

Noticias web

19/10/2019