CRTVG

Buscar

Málaga e os Goya homenaxean estes días a Marisol

Publicado o 23/01/2020 14:23

Pepa Flores xa non era Marisol cando en 1985 rodou Caso Cerrado, a última das súas 20 películas. Pero máis que pola cantidade, a súa figura nunca foi esquecida debido ao éxito dalgúns daqueles títulos, como Un rayo de luz, Tómbola ou Ha llegado un ángel, auténticas iconas do cine e, por extensión, da España dos anos 60.

Marisol desapareceu da vida pública por decisión propia, pero este sábado os Goya entréganse na súa cidade e a Academia aproveitará para homenaxeala. Só ela sabe se acudirá ou non á cerimonia, pero os seus paisanos malagueños poden vela estes días nunha mostra do fotógrafo César Lucas, o seu retratista nos tempos en que era unha estrela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020