CRTVG

Buscar

Máis seguridade e hixiene nas ópticas, ante a pandemia

Publicado o 14/05/2020 14:00

Entrar e probar unhas lentes libremente xa non é posible nesta óptica. Retoman a actividade e os seus servizos baixo estritas medidas de seguridade e hixiene.

Ana Belén Trillo, responsable dunha óptica, explica que os clientes teñen que estar acompañados por un dos ópticos, e non poden tocar o produto, son os empregados os que lles dan as lentes para probar, e estas, explica, desinféctanse previamente e despois de estar en contacto con cada persoa. 

Tamén se reforzan as medidas de prevención no gabinete óptico, para garantir a seguridade durante as revisións. Desinféctase todo o material e empregan unha pantalla especial para separar o paciente do óptico.

Ademais, aconsellan acudir ao centro óptico con cita previa e sen acompañante, e manteñen o servizo de entrega a domicilio.

Noticias web

14/05/2020