CRTVG

Buscar

Máis rebrotes e máis xente nova contaxiada

Publicado o 10/07/2020 21:11

En Cataluña a comarca do Segriá rexistrou a cifra mais alta de contaxios desde o confinamento. A escalada de casos e novos brotes obriga a abrir unha terceira planta para enfermos de coronavirus no hospital de Lleida. A Generalitat non prevé o confinamento domiciliario e alerta do aumento "insostible", di, de contaxios entre a mocidade de 15 a 29 anos. A maioría dos brotes teñen a súa orixe en festas e celebracións familiares.

Nas Baleares, o Goberno anunciou que multará con ata tres mil euros os que participen en eventos que superen a ocupación regulamentada. A multa chegará ata os 600.000 para os establecementos que incumpran as normas sanitarias. Desde o luns será obrigatorio nas illas o uso da máscara

E, ás doce desta noite súmase unha comunidade máis, Estremadura.

Queden con esta data: primavera do 2021. O ministro, Salvador Illa, sitúa nela a dispoñibilidade da vacina.

 "Eu penso, se tivese que dar un prognóstico hoxe, di Salvador Illa, que nalgún momento do ano que vén , moi probablemente no segundo trimestre, estará dispoñible unha ou varias vacinas con calidade suficiente para poder ser administrada á poboación" 

Mentres non cheguen vacina ou tratamento, advirte Illa, a poboación debe acostumarse a convivir co virus. Sen medo, pero con respecto.

Noticias web

10/07/2020