CRTVG

Buscar

Máis radares e máis controis para os 90 millóns de desprazamentos do verán

Publicado o 27/06/2019 10:59

A Dirección Xeral de Tráfico prevé 90 millóns de desprazamentos por estrada durante este verán, 1,5 millóns máis que os que se produciron o ano pasado.

O ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, presentou este xoves o dispositivo especial de tráfico que a DXT preparou para atender o aumento de desprazamentos por estradas que se producen durante os meses de verán. Tamén estiveron no acto a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea; o director xeral de Tráfico, Pere Navarro; e o fiscal de Seguridade Viaria, Bartolomeu Vargas, entre outros. O dispositivo especial de Tráfico comezará este venres 28 de xuño e prolongarase ata o domingo 1 de setembro, tempo durante o que se poñerán en marcha unha serie de medidas de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico, co obxectivo de garantir a seguridade dos cidadáns nos seus desprazamentos e previr calquera risco posible.

Para xullo prevíronse 43 millóns de movementos, mentres que en agosto estímanse 47 millóns. A operación saída do verán constará de catro fases: a primeira, do venres 28 de xuño ao luns 1 de xullo; a do 1 de agosto, do mércores 31 de xullo ao xoves 1 de agosto; a do 15 de agosto, do mércores 14 ao domingo 18 de agosto; e a operación Retorno, do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro.

 

Noticias web

27/06/2019