CRTVG

Buscar

Máis protestas despois de 17 días do derrubamento en Zaldíbar

Publicado o 22/02/2020 20:39

As protestas mesturábase hoxe cunha sensación de alivio. A alerta sanitaria foi retirada nas zonas afectadas de Ermua, Zaldíbar e Éibar. Pero persiste a desconfinza e moitas queixas nos sectores comercial e hosteleiro polo descenso de actividade.

Así se manifestaban hoxe en Éibar, cun trasfondo de Entroido. Centos de persoas aproveitaron o contexto lúdico para reclamar información veraz sobre o sucedido e mellor xestión. O ambiente festivo non impediu que se solidarizaran coas familias dos dous desparecidos.

Este sábado volveu reunirse a mesa de seguimento, presidida polo lehendakari Iñigo Urkullu. Tras a xuntanza trascendía que se amplían desde hoxe as áreas de localización na procura dos dous operarios sepultados.

"Esta mañá estivemos traballando na zona esquerda e sacáronse aproximadamente unha dúas mil toneladas. Non se podía continuar, porque a inestabilidade do terreo o impide e mentres esa zona se vai estabilizando, para continuar a busca, trasladamos a maquinaria ao lado dereito", explicou Pedro Anitua, Director de Atención de Emerxencias do País Vasco.

As padexadoras traballaban arreo este sábado, pero dezasete días despois do derrubamento poucas cousas cambiaron substancialmente. O lume volveu extinguirse, pero os dous empregados continúan desaparecidos entre o lixo e os traballos de estabilización no terreo distan de estar concluídos.

Mentres, a Fiscalía do País Vasco traballa xa na denuncia poresentada polo propio goberno de Urkullu contra a empresa encargada do vertedoiro por susposta neglixencia na súa xestión.

Noticias web

22/02/2020