CRTVG

Buscar

Máis do 10 % dos pacientes graves da covid-19 teñen anticorpos que atacan o propio corpo

Publicado o 25/09/2020 14:55

Certos erros do sistema inmunitario, sobre todo nos homes, explican parte dos casos máis graves da covid. Máis do 10 por cento dos pacientes con peores síntomas teñen uns anticorpos que, no canto de atacar o coronavirus, acaban atacando o propio corpo. Descubriuno un consorcio internacional con ampla presenza española.

Os resultados desta investigación teñen implicacións clínicas directas. Permitirán identificar, prever que persoas teñen risco de acabar sufrindo síntomas graves e así personalizar o tratamento. Un paso máis na loita contra a pandemia.

Noticias web

25/09/2020

Máis sobre actualidade