CRTVG

Buscar

Máis de mil emprendedores beneficiaranse do bono autónomo da Xunta

Publicado o 26/06/2019 19:58

Dentro duns días ábrese o prazo para solicitar o bono autónomo. Unha axuda da Xunta de 3.000 euros para que os emprendedores melloren os seus negocios. Cada ano, máis de mil autónomos reciben esta subvención.

Rubén é un dos emprendedores aos que lles concederon os 3.000 euros do bono autónomo da Xunta en anteriores convocatorias. Abriu este taller mecánico hai case dez anos e pensaba que era o momento de modernizar a maquinaria adaptándose ás últimas tecnoloxías.

Rubén Blanco, autónomo: "Dediqueino a investimento en maquinaria e modernización. Hoxe en día é indispensable para a automoción. Tivémonos que adaptar ás novas tecnoloxías, en concreto, á adquisición dun elevador".

Unha axuda da que poden dispoñer só uns días despois de que llela concedan.

Rubén Blanco, autónomo: "En cuestión dunhas semanas xa tiña os cartos na conta".

Ademais de compra de maquinaria, tamén se pode pedir a axuda para investimentos en planificación estratéxica, reformas, compra de ferramentas ou de equipos informáticos. Como novidade, este ano tamén se subvencionará a adquisición de mobiliario. Para solicitala hai que levar tres anos e medio como autónomo.

Nesta convocatoria, que conta cun orzamento de catro millóns de euros, beneficiaranse do bono autónomo uns 1.300 emprendedores. Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, os autónomos teñen un mes de prazo para solicitala.

Noticias web

26/06/2019