CRTVG

Buscar

Máis de 65.200 veciños de Ponferrada, confinados desde esta mañá

Publicado o 23/10/2020 11:47
Máis de 65.200 veciños de Ponferrada, confinados desde esta mañá

A Xunta de Castela e León decretou o confinamento perimetral dunha parte do municipio de Ponferrada (León), cunha poboación lixeiramente superior aos 65.200 veciños, desde esta mañá, tras a súa publicación Boletín Oficial da comunidade (BOCyL), e cunha vixencia de 14 días naturais.

As medidas implementadas en Ponferrada céntranse na limitación da mobilidade dos cidadáns e en restricións ao contacto social, ademais doutras intervencións específicas referidas a aforamentos máximos, distancias e horarios, co fin de limitar a transmisión comunitaria do SARS-CoV-2 e evitar novos contaxios e gromos da enfermidade, ingresos hospitalarios e falecementos.