CRTVG

Buscar

Máis de 500 casos nos xeriátricos galegos e 350 falecidos desde o inicio da pandemia

Publicado o 16/10/2020 14:17

Situación delicada a da residencia de anciáns do Pereiro de Aguiar, a que ten máis casos de coronavirus de toda Galicia. Cando fai unha semana da intervención da Xunta neste xeriátrico, supéranse os 200 positivos: uns 160 son residentes e arredor de medio cento traballadores.

É a residencia con máis contaxios, seguida da de Domus Vi de Lugo. O centro de Outeiro de Rei leva 5 semanas intervido pola Xunta e ten máis de 120 maiores infectados e unha decena de traballadores.

Preocupan os maiores e tamén os mozos. Nos colexios maiores e residencias estudantís de Compostela realizáronse máis de 900 probas de coronavirus entre os universitarios. Sanidade anunciou o envío de 50.000 tests rápidos de covid ás tres universidades galegas para que fagan un cribado amplo entre todo o alumnado.

Noticias web

16/10/2020