CRTVG

Buscar

Máis de 50 treitos da rede viaria de Lugo, declarados perigosos e conflitivos pola DXT

Publicado o 14/09/2020 11:14

Uns 56 treitos da rede viaria de Lugo son declarados pola DXT perigosos e conflitivos. 

Son 750 quilómetros que a DXT quere vixiar con especial intensidade. Son os máis perigosos para os condutores polo seu trazado e pola intensidade do tráfico que soportan. A maioría están na rede viaria convencional.

Segue a liderar esta clasificación a estrada N-120 entre os concellos de Quiroga e Pantón. Nestes treitos, reforzarán os controis de velocidade a través de radares fixos e móbiles; un dos principais dispositivos de control xa está nos enlaces da A-6 e da A-8.

A vía de conexión co norte de España conta nos 89 quilómetros que discorren pola provincia con tres radares de treito. Na A-6 hai cinco dispositivos de control de velocidade nos 110 quilómetros que percorren esta provincia.

Noticias web

14/09/2020